Clientes

Concellos

Programamos e realizamos actividades ao longo de todo o ano con propostas culturais e de lecer para campañas como Nadal e Entroido. Xestionamos actividades extraescolares, ocupacionais, complementarias, ludotecas e campamentos.

Centros educativos e ANPAS

Deseñamos programas lúdico-educativos con actividades ao longo de todo o curso escolar fomentando a animación á lectura, a posta en valor da nosa cultura e tradicións propias e o bo aproveitamento do tempo libre: Festas de fin de curso, actividades extraescolares, programas para as Letras Galegas, Día do Libro, Día da Paz...

Asociacións

Ofrecemos actividades variadas para todo tipo de asociacións e colectivos: de veciños, socioculturais, de xubilados, da infancia, de amas de casa...

A duración das mesmas pode ser de un día puntual ou programas deseñados para unha maior duración (mensual, trimestral, anual...). Nelas abarcamos distintas temáticas: manualidades, deportes, cociña, teatro, baile, actividades infantís…

Empresas

Poñemos en marcha campañas de dinamización de establecementos comerciais e hostaleiros, asociacións de comerciantes e empresarios, centros comerciais e de ocio… Traballamos con diferentes propostas para o Nadal, Rebaixas, San Valentín, Entroido, etc. Tamén deseñamos propostas de dinamización comercial personalizadas, realizamos decoración de espazos, animación itinerante, inauguracións…

Particulares

Animamos eventos privados tales como banquetes (vodas, primeiras comunións, bautizos…), aniversarios, ceas de empresa, reunión familiares e programamos excursións, rotas e actividades de ocio activo.